Saltar ao contido

Microsoft Tablet PC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de xullo de 2010 ás 21:20 por Xqbot (conversa | contribucións) (bot Engadido: ka:Tablet PC)
HP Compaq tablet PC

Un Tablet PC é un ordenador a medio camiño entre un ordenador portátil e un PDA, no que se pode escribir a través dunha pantalla táctil. Un usuario pode utilizar un estilo (ou stylus) para traballar co ordenador sen necesidade de teclado ou rato. Este aparato foi propugnado por Microsoft e outros fabricantes.[Cómpre referencia]

Esta modalidade de ordenador portátil supuxo un avance significativo na aplicación dos estudios en lingüística computacional.[Cómpre referencia]

Existen modelos que só aportan a pantalla táctil a modo de pizarra, sendo así moi lixeiros. Tamén hai ordenadores portátiles con teclado e rato, chamados convertibles, que permiten rotar a pantalla e colocala como se dunha pizarra se tratase, para o seu uso como Tablet PC.

Sistema Operativo

O sistema operativo que empregan a maioría destes dispositivos é unha evolución do Windows XP optimizado para traballar con procesadores móbiles, que consumen menos enerxía. O software especial que proporciona este sistema operativo permite realizar escritura manual, tomar notas a man alzada e debuxar sobre a pantalla.

Empresas de Fabricación

A empresa española Tuxum creou o primeiro ordenador-pizarra que funciona con GNU/Linux,[Cómpre referencia] concretamente cunha metadistribución de Debian, adaptada para engadirlle recoñecemento de escritura. Outros fabricantes de Tablet PC son HP e Fujitsu.