Microsoft Tablet PC
![]() | Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Un Tablet PC é un ordenador a medio camiño entre un ordenador portátil e un PDA, no que se pode escribir a través dunha pantalla táctil. Un usuario pode utilizar un estilo (ou stylus) para traballar co ordenador sen necesidade de teclado ou rato. Este aparato foi propugnado por Microsoft e outros fabricantes.
Esta modalidade de ordenador portátil supuxo un avance significativo na aplicación dos estudios en lingüística computacional.
Existen modelos que só aportan a pantalla táctil a modo de pizarra, sendo así moi lixeiros. Tamén hai ordenadores portátiles con teclado e rato, chamados convertibles, que permiten rotar a pantalla e colocala como se dunha pizarra se tratase, para o seu uso como Tablet PC.
Sistema Operativo
O sistema operativo que utilizan estes dispositivos é unha evolución do Windows XP Profesional optimizado para traballar con procesadores móbiles, que consumen menos enerxía. O software especial que nos proporciona o sistema operativo permítenos realizar escritura manual, tomar notas a man alzada e debuxar sobre a pantalla. Así, é útil para facer traballos de campo.
Empresas de Fabricación
A empresa española Tuxum creou o primeiro ordenador-pizarra que funciona con GNU/Linux, concretamente cunha metadistribución de Debian, adaptada para engadirlle recoñecemento de escritura.
Outros fabricantes do Tablet PC son HP e Fujitsu
A pesar da vantaxe do Tablet sen teclado, a tendencia en 2008-2009 é cara os convertibles, máis pesados. Tablet é moi útil e sobre todo para empresarios.