Saltar ao contido

HTML

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de marzo de 2010 ás 07:07 por TXiKiBoT (conversa | contribucións) (bot Modificado: da:HTML)
Código fonte dun documento HTML.

A Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto (HTML ou HyperText Markup Language, en inglés) é unha linguaxe informática deseñada para crear páxinas web para seren vistas cun navegador. O seu trazo máis notorio, e o que lle dá nome, é a presenza de vínculos que permiten "saltar" a outros lugares, desa páxina ou doutras, e xorde da base SGML para converterse nunha linguaxe estrutural de contidos hipertextuais.

O HTML foi desenvolto orixinalmente por Tim Berners-Lee cando traballaba no CERN e procuraba un medio de intercambio de información que facilitase a publicación de textos facilmente referenciábeis. O protocolo que creou convertiuse na World Wide Web (www, Rede Mundial) e popularizouse co navegador Mosaic, realizado no NCSA. Durante a década dos 1990, floreceu co medre explosivo da Rede. Durante este tempo, a HTML expandiuse a moitos ámbitos. A estabilidade da Rede depende de que os autores de páxinas e as empresas compartillen as mesmas convencións de HTML. As especificacións actuais están mantidas baixo a política de licencias do World Wide Web Consortium (W3C).

A evolución da informática no tempo e o uso masivo por parte dos internautas propiciou que houbese varias variantes da linuguaxe ao longo do tempo, con propósitos específicos que van dende a incidencia semántica e interpretabilidade dos contidos, ata a hipermedia que fundamenta a interacción efectiva cos usuarios, pasando por etapas intermedias de gran inestabilidade ligadas a dominancia no competitivo mercado de browsers.

Actualmente se atopa nun estado bastante estable, dende que a finais dos noventa se especificase a súa integración na sintaxe de XML, mantendo unha política de forte compromiso con semánticas simples no que é o entorno actual da vertente social da rede, con maior incidencia en contidos textuais e relacionais entre individuos que en autoprodución multimedia, e evolucionando cara a varias vertentes, por un lado de aplicacións web (HTML 5) e por outro incidindo na difusión da actual web social (XHTML 2).

O HTML permite:

Debido a que as páxinas web poden ser mostradas en multitude de modos distintos (navegadores de só texto, distintas configuracións de pantalla, papel, audio, etc.), o seu deseño céntrase na presentación da información mediante estilos de texto, tabelas, etc. que cada navegador decide como interpretar. A HTML non instrúe sobre, por exemplo, onde se debería colocar unha imaxe; isto déixase ao navegador, que interpreta as intencións do autor. Actualmente, a HTML compleméntase con outras linguaxes, como as follas de estilo, que si explicitan como se mostra o contido, e outras linguaxes de guión, como javascript ou PHP, que realizan distintas operacións.

A HTML é un padrón internacional (ISO/IEC 15445:2000) e é mantida polo World Wide Web Consortium (W3C, Consorcio da Rede Mundial). Trátase dunha linguaxe non de programación, senón de etiquetaxe: está orientada cara a presentación de documentos de texto con formatos. Estes documentos de textos créanse cun editor e almacénanse nun ficheiro de texto coa extensión ".html" ou ".htm". Os ficheiros residen nun servidor web que os envía mediante o protocolo HTTP cando o solicita un computador.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas