Saltar ao contido

Barcelonès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de marzo de 2010 ás 07:09 por SieBot (conversa | contribucións) (bot Modificado: an:Barcelonés)

O Barcelonès é unha comarca catalá que está na provincia de Barcelona (España) cuxo nome deriva de Barcelona, a súa localidade con máis habitantes e extensión, e a súa vez, capital.

Ten 2.235.578 habitantes (INE, 2008) e unha superficie de 145,69 km².

Limita ao norte coa comarca de Vallès Occidental, ao nordés coas comarcas de Vallès Oriental e Maresme, ao leste e sueste co mar Mediterráneo e ao oeste coa comarca do Baix Llobregat.

Componse de 5 municipios: Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona, Santa Coloma de Gramenet e Sant Adrià de Besòs.

Cidade

Extensión (km²)

Poboación

Densidade (hab./km²)

Partidos de goberno

Barcelona 100,69 1.615.908 16.048 PSC e ICV-EUiA
L'Hospitalet de Llobregat 12,39 253.782 20.483 PSC e ICV-EUiA
Badalona 21,20 215.329 10.157 PSC, CiU e ERC
Santa Coloma de Gramenet 6,59 117.336 17.805 PSC
Sant Adrià de Besòs 3,76 33.223 8.836 PSC e ICV-EUiA
145,69 2.235.578 15.345

Enlaces externos