Saltar ao contido

Galinux-Ubuntu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de xuño de 2009 ás 11:43 por Atobar (conversa | contribucións)

Galinux-Ubuntu é un sistema operativo de código aberto baseado na distribución Ubuntu. Foi creado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. O sistema está completamente en galego, e conta coas principais aplicacións de ofimática e multimedia xa preinstaladas. Ó estar baseado na popular distribución Ubuntu pódese actualizar, así como tamén é posíbel a descarga de balde de multitude de aplicacións.

Véxase tamén

Ligazón externas