Barcelonès
Aparencia
O Barcelonès é unha comarca catalá que está na provincia de Barcelona (España) cuxo nome deriva de Barcelona, a súa localidade con máis habitantes e extensión, e a súa vez, capital.
Ten 2.235.578 habitantes (INE, 2008) e unha superficie de 145,69 km².
Limita ao norte coa comarca de Vallès Occidental, ao nordés coas comarcas de Vallès Oriental e Maresme, ao leste e sueste co mar Mediterráneo e ao oeste coa comarca do Baix Llobregat.
Componse de 5 municipios: Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona, Santa Coloma de Gramenet e Sant Adrià de Besòs.
Cidade |
Extensión (km²) |
Poboación |
Densidade (hab./km²) |
Partidos de goberno |
---|---|---|---|---|
Barcelona | 100,69 | 1.615.908 | 16.048 | PSC ICV-EUiA |
L'Hospitalet de Llobregat | 12,39 | 253.782 | 20.483 | PSC ICV-EUiA |
Badalona | 21,20 | 215.329 | 10.157 | PSC CIU ERC |
Santa Coloma de Gramenet | 6,59 | 117.336 | 17.805 | PSC |
Sant Adrià de Besòs | 3,76 | 33.223 | 8.836 | PSC ICV-EUiA |
145,69 | 2.235.578 | 15.345 |