Saltar ao contido

Information Technology Infrastructure Library

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de maio de 2009 ás 20:11 por Jordav (conversa | contribucións) (Engado apartado Certificación)

A Biblioteca de Infraestructura de Tecnoloxías de Información, frecuentemente abreviada ITIL (do inglés Information Technology Infrastructure Library), é un marco de traballo das mellores prácticas destinadas a facilitar a entrega de servizos de tecnoloxías da información (TI). ITIL resume un extenso conxunto de procedementos de xestión ideados para axudar ás organizacións a lograr calidade e eficiencia nas operacións de TI. Estes procedementos son independentes do provedor e foron desenvolvidos para servir como guía que abarque toda infraestructura, desenvolvemento e operacións de TI.

Aínda que se desenvolveu durante os anos 1980, ITIL non foi amplamente adoptada ata mediados dos anos 1990. Esta maior adopción e coñecemento levou a varios estándares, incluíndo ISO/IEC 20000, que é unha norma internacional cubrindo os elementos de xestión de servizos de TI de ITIL. ITIL considérase a miúdo xunto con outros marcos de traballo de mellores prácticas como a Information Services Procurement Library (ISPL, "Biblioteca de adquisición de servizos de información"), a Application Services Library (ASL, “Biblioteca de servizos de aplicativos”), o método de desenvolvemento de sistemas dinámicos (DSDM, Dynamic Systems Development Method), o Modelo de Capacidade e Madurez (CMM/CMMI) e a miúdo relaciónase coa gobernanza de tecnoloxías da información mediante COBIT (Control Objectives for Information and related Technology).

O concepto de xestión de servizos de TI, aínda que relacionado con ITIL, non é idéntico: ITIL contén unha sección especificamente titulada «Xestión de Servizos de TI» (a combinación dos volumes de Servizo de Soporte e Prestación de Servizos, que son un exemplo específico dun marco ITSM). Con todo é importante sinalar que existen outros marcos parecidos. A Xestión de Servizo ITIL está actualmente integrado no estándar ISO 20000 (anterior BS 15000).

ITIL constrúese ao redor dunha vista baseada en proceso-modelo do control e xestión das operacións a miúdo atribuída a W. Edwards Deming. As recomendacións de ITIL foron desenvolvidas nos anos 1980 pola Central Computer and Telecommunications Agency (CCTA) do goberno británico como resposta á crecente dependencia das tecnoloxías da información e ao recoñecemento de que sen prácticas estándar, os contratos das axencias estatais e do sector privado creaban independentemente as súas propias prácticas de xestión de TI e duplicaban esforzos dentro dos seus proxectos TIC, o que resultaba en erros comúns e maiores custos.

ITIL foi publicado como un conxunto de libros, cada un dedicado a un área específica dentro da Xestión de TI. Os nomes ITIL e IT Infrastructure Library (“Biblioteca de infraestructura de TI”) son marcas rexistradas da Office of Government Commerce (“Oficina de comercio gobernamental”, OGC), que é unha división do Ministerio de Facenda do Reino Unido.

En abril de 2001 a CCTA foi integrada na OGC, desaparecendo como organización separada.

En decembro de 2005, a OGC emitiu un aviso dunha actualización a ITIL, coñecida comunmente como ITIL v3, que estivo planificada para ser publicada a finais de 2006; habendo sido realizada en xuño 2007. Esperábase que a publicación de ITIL versión 3 inclúa cinco libros principais, concretamente: Deseño de Servizos de TI, Introducción dos Servizos de TI, Operación dos Servizos de TI, Mellora dos Servizos de TI e Estratexias dos Servizos de TI, consolidando boa parte das prácticas actuais da versión 2 en torno ao Ciclo de Vida dos Servizos.

Un dos principais beneficios propugnado polos defensores de ITIL dentro da comunidade de TI é que proporciona un vocabulario común, consistente nun glosario de termos precisamente definidos e amplamente aceptados. Un novo glosario ampliado foi desenvolvido como entregable clave de ITIL versión 3.

Outros modelos: CMMI para o desenvolvemento de software e s3m, para o mantemento do software

Certificación

Un pin de certificación da ITIL Foundation.

Os particulares poden conseguir varias certificacións oficiais ITIL. Os estándares de cualificación ITIL son xestionados pola ITIL Certification Management Board (ICMB) que agrupa á OGC, a itSMF International e aos dous Institutos Examinadores existentes: EXIN (con sede nos Países Baixos) e ISEB (con sede no Reino Unido).

Existen tres niveis de certificación ITIL para profesionais:

  1. Foundation Certificate (Certificado Básico): acredita un coñecemento básico de ITIL en xestión de servizos de tecnoloxías da información e a comprensión da terminoloxía propia de ITIL. Está destinado a aquelas persoas que desexen coñecer as boas prácticas especificadas en ITIL.
  2. Practitioner's Certificate (Certificado de Responsable): destinado a quen teñen responsabilidade no deseño de procesos de administración de departamentos de tecnoloxías da información e na planificación das actividades asociadas aos procesos.
  3. Manager's Certificate (Certificado de Director): garante que quen o posúe dispón de profundos coñecementos en todas as materias relacionadas coa administración de departamentos de tecnoloxías da información, e habilítao para dirixir a implantación de solucións baseadas en ITIL.

Non é posible certificar unha organización ou sistema de xestión como «conforme a ITIL», pero unha organización que haxa implementado as guías de ITIL sobre Xestión dos Servizos de TI pode lograr certificarse baixo a ISO/IEC 20000.

A versión 3 de ITIL, que apareceu en xuño de 2007, cambiou lixeiramente o esquema de Certificacións, existindo certificacións pontes, defínense 3 niveis:

  1. Basic Level (Equivalente a ITIL Foundation en v2)
  2. Management and Capability Level (Equivalente aos niveis Practitioner e Manager en ITIL v2)
  3. Advanced Level (novo en v3)