Interpol
| Interpol | |
|---|---|
|
Forma xurídica
| |
|
Lingua oficial
| |
|
Texto lema
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Cargo dirixente
| |
|
Presidente/a
| |
|
Secretario/a
Jürgen Stock 7 de novembro de 2014 | |
|
Número de membros
| |
|
Cadro de persoal
| |
|
En sociedade con
| |
| Actividade | |
|
Industria
| |
| Economía | |
|
Orzamento
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Substitúe a
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
Área de operación
| |
|
Lugar de formación
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.
Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.
Ten a súa sede en Lión (Francia),[1] adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.
A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase dunha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.
Dende o 21 de novembro de 2018, o seu presidente é Kim Jong Yang, orixinario de Corea do Sur.[2]
Un exemplo da participación da Interpol nun caso é a desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de prisión contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 INTERPOL, ed. (12-11-2010). "History" (en español). Arquivado dende o orixinal (ASP) o 04-08-2011. Consultado o 10-09-2011.
- ↑ "South Korean Kim Jong-yang Elected New Head of Interpol" (en inglés). Korean Broadcasting System. 21 de novembro de 2018.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (08-09-2011). "Interpol emite ordes de detención contra Gadafi e un dos seus fillos" (HTM). Consultado o 10-09-2011.